Podando prexuizos para darlle cor a vida

Muller e Nena na Ciencia

O día 11 foi o día da Muller e a Nena na Ciencia, estabamos de vacacións de entroido pero non queremos deixar pasar esta conmemoración por iso ao longo da semana faremos xogos, investigaremos sobre mulleres científicas importantes e descubriremos moitas cousas increíbles sobre a ciencia e o papel da muller nela!!!

 

            

O AMOR SEMPRE GAÑA

      Non importa a cor, o amor no Santa María sempre gaña

 

      IGUALDADE, DIVERSIDADE, ORGULLO E AMOR SEMPRE!!

                                    

A horta da Sancoveiga

Boas!

Este xoves tivemos a sorte de que nos fixera unha visita ao cole, Anabel, unha muller emprendedora xa que é a primeira muller en ter unha horta ecolóxica.

Anabel é xorda así que a interacción con ela foi todo un aprendizaxe. Ademais, contamos coa axuda de Belén, a nosa intérprete do cole.

Pasamos a mañá plantando en diferentes macetas, ensinounos como preparar o abono, a terra, como colocar as plantas... e plantamos moitos alimentos: tomates, leitugas, remolacha, berenxenas, etc. Nun tempo contarémosvos o rico que está todo!

Os nosos "Cazos"

Onte ademàis de vir a contarnos o conto e convivir, os nosos alumnos e alumnas e o alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo intercambiaron os seus cazos para crear un mural conxunto, que xa loce así de bonito en ambos centros!!, Para conmemorar o 2  de Abril día de concienciación das persoas con TEA. Convivindo e con experiencias tan bonitas como esta è a maneira de que a inclusión sexa realidade!!Gracias de novo por acompañarnos aos rapeces e as súas profes nesta aventura!!

                                        

               

O cazo de Lorenzo

O día 2 de abril è o día de concienciación das persoas con TEA, e esta semana para conmemoralo hoxe recibimos unha fermosa visita do alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, entre outras actividades que xa vos ensinaremos hoxe contàronnos o conto do Cazo de Lorenzo, encantounos escoitalos e velos, ademàis merendamos e xogamos xuntos no patio, foi unha convivencia maravillosa e chea de emocións, gracias por vir, estades nun trociño dos nosos corazóns para sempre!!!

                      

                      

Mulleres Visibles

Dende o Equipo de Biblioteca e o de Extraescolares, para celebrar o 8 de marzo , organizamos unha semana chea de visitas de mulleres Visibles das nosas vidas, catro mamàs viñeron a contarnos cousas dos seus traballos como grandes mulleres traballadoras, disfrutamos moito das súas visitas, escoitàndoas, entrevistàndoas e aprendendo moito con elas gracias Montse, Aída, Belèn e María!!

 

 

Toni López

Entre as actividades que organizamos pola semana da prensa tivemos o placer de contar a través dunha videoconferencia co xornalista da Radio Galega Toni López, que nos contou moitas cousas da súa profesión e da súa vida, quedamos coa súa frase de que todas as personas somos diferentes, e todos temos as nosas capacidades e dificultades, non só no traballo se non en todos os ámbitos das nosas vidas Gracias Toni por adicarnos un anaquiño do teu tempo

                            

 

 

Benedicta Sánchez

Hoxe tivemos a honra de recibir no cole a unha muller moi entrañable, Benedicta Sánchez, continuando coa semana da prensa convertimonos en periodistas por un día e fixemoslle unha entrevista do máis entretida. O de Benedicta e os nosos nenos e nenas foi amor a primeira vista!!, compartimos unha mañá do máis entretida e chea de agarimo.

                         

Xornais Arte e Día da Muller Traballadora

Para seguir traballando a semana da prensa fixemos un taller de arte con xornais para os màis pequenos, aprobeitamos que è 8M para facer con eles un mural do día da Muller e quedou así de chulo!! 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro celébrase o Día Internacional da Radio e dende o CEE Santa María quixemos celebralo por medio da grabación do noso primer programa da Radio INDIRESTO.

O nome da rádio está formado polas palabras INclusiòn, DIversidade, RESpeto e TOlerancia; pilares fundamentais do noso centro educativo.

Esperamos que disfrutedes deste primer programa tanto como nos grabandoo.

Para escoitalo só tedes que premer no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/102928589